01/12/06

Así son as etiquetas

Libros recomendados para o 1º Ciclo de ESO:


Libros recomendados para o 2º Ciclo de ESO:







Libros recomendados para Bacharelato:

23/11/06

Libros Liberados no IES David Buján

O "bookcrossing" é unha experiencia internacional que consiste en liberar libros en diferentes puntos das cidades, o obxectivo desta experiencia é facer do mundo unha enorme biblioteca. Para isto, os libros rexístranse nunca páxina web e alí todos os lectores fan constar onde atoparon o libro e onde o van liberar para que, se a alguén lle interesa, poda localizalo.

Nós queremos coa túa axuda liberar libros no centro. Para isto precisamos da túa colaboración. Trae os libros que queiras liberar á Biblioteca, aquí rexistrarémolos e logo liberarémolos en diferentes puntos do instituto. Ti poderás ler os que queiras e logo liberalos de novo para que todo o alumnado os poda gozar.

Para saber cal foi o camiño percorrido polos libros ao longo do curso, pedímosche que participes neste blog, aquí están os libros liberados e xunto coa súa imaxe un pequenocomentario sobre o seu contido, ti decides cal te apetece ler. Localízao no instituto, nos puntos onde verás os carteis dos libros liberados, logo entra neste blog, dinos onde recolliches o libro, inclúe a túa opinión sobre el para que os teus compañeiros/as se animen a lelo e di onde o liberas.

Para teres unha idea de que tipo de libros son, aparte da información que aparece neste blog, os libros levan unha etiqueta de diferente cor: amarelo para o 1º Ciclo de ESO, azul para o 2º Ciclo de ESO e laranxa para o Bacharelato.
Anímate! Participa! Contamos contigo!
Ademais, contamos contigo para que traias libros ao instituto para liberar. Entrégaos na Biblioteca e logo observa a través deste blog a súa viaxe ao longo do curso.

20/11/06