29/01/09

30 de xaneiro: Conspiración pola PAZ

PAZ?????????????


PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.

PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.

PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.

Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.

Utopía imposíbel.

Palabra que xera poesía. Poesía? Poesía e Paz.

Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ

Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro ao futuro harmonioso.

Tanques de algodón

Armas de caramelo

O noso soño

O noso desexo

A nosa conspiración.






Grazas a todos as compañeiras e compañeiros do PLAMBE por este marabilloso traballo colaborativo

19/01/09

Bicentenario do nacemento de Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe naceu tal día coma hoxe hai douscentos anos. Hoxe tamén cumpriranse 60 anos desde que unha misteriosa figura vestida de negro deixa na súa tumba media botella de coñac e tres rosas vermellas. Imaxinamos a Poe encantado con esta homenaxe, el que escribiu contos e poemas inquietantes como A máscara da morte vermella, O escarabello de ouro ou Os crimes da rúa Morgue. A súa influencia na literatura chega ata a actualidade, basta con ler o bestseller A sombra de Poe de Matthew Pearl ou escoitar as cancións de Lou Reed ou Radio Futura.

17/01/09

16/01/09

Encontros con escritores: Francisco Fernández Naval

O pasado luns o escritor Francisco Fernández Naval visitou a nosa biblioteca e falou co alumnado de 4º de ESO sobre os motivos que o levaron a escribir historias. Contounos que súa na lles contaba contos a el a súa irmá mentres comían e que iso xunto coa súa afección ao cine son as causas de que comezara a escribir. Fanounos tamén dun dos libros que máis o marcaran de neno: Os fillos do capitán Grant de Xulio Verne. Díxonos que tanto lle gustara este libro que xa de maior fixera unha viaxe pola Patagonia para seguir os pasos dos protagnistas do libro na procura do capitán Grant.