22/03/09

Gañadores do Concurso "Coñeces esta muller?" 2009

Os gañadores do concurso "Coñeces esta muller?" deste ano son:
1º premio para o equipo "Dous+Dous", composto por Esteban Castro Hermida,
Fernando Pérez Pango, Alejandro López Domínguez e Martín López Santos que acertaron todas as mullers e conseguiron os 25 puntos.
2º premio para o equipo "Os trasatlánticos", composto por Javier Belda Vázquez,
Constantino Acuña Espantoso e Diego Andrés Pérez Pango que conseguiron 24 puntos.
A entrega de premios terá lugar o martes día 24 no segundo recreo na biblioteca.
Parabéns a todos/as os/as participantes e en especial aos premiados.
Podedes consultar as solucións ás pistas propostas no panel da biblioteca.

13/03/09

Concurso Mulleres, venres 13 de marzo

Muller 1
1.- A súa nai oponse duramente a súa inclinación cara á arte por consideralo unha desviación radical das regras que rexen a vida burguesa na sociedade do momento..
2.- Coñece e traballa xunto a Auguste Rodin.
3.- As súas crises nerviosas empezan a ser cada vez máis frecuentes chegando, nalgunhas delas, a destruír parte da súa obra polo que termina sendo recluída nun sanatorio psiquiátrico.
4.- Posúe unha gran habilidade técnica para a escultura dominando á perfección a talla do mármore.
5.- O abandono escultura feita en 1888 sería a resposta ao bico en bronce de 1886 de Auguste Rodin.

Muller 2

1.- Bioquímica e farmacóloga estadounidense.
2.- Filla de inmigrantes, pasou os seus primeiros anos de vida nun barrio humilde de Nova York.
3.- Na década dos 90 recibiu o Premio Lemelson- MIT ao logro de toda unha vida.
4.- Non conseguiu un posto de investigadora pola súa condición de muller e tivo que traballar como asistente de laboratorio e profesora de instituto.
5.- Entre os seus descubrimentos destacan a Azatioprina, Allopurinol, Pirimetamina, Timetoprim e Aciclovir.

Muller 3

1.- Acabou os seus estudios de Medicina en 1927 e xubilouse en 1965.
2.- Quixo entrar a estudiar en Harvard onde non admitían mulleres.
3.- O seu libro Congenital Malformations of the Hearth convertiuse na “biblia” dos médicos que elixían a especialidade de cirurxía pediátrica.
4.- Desenvolveu unha técnica cirúrxica para paliar a situación dos nenos e nenas que padecían cianose.
5.- En 1947 recibiu o premio do Women’s Nacional Press Club.


Muller 4

1.- Foi a primeira muller dedicada á astronomía en EEUU.
2.- Ensinou astronomía a mulleres no Vassar College.
3.-Descubriu un cometa que leva o seu nome.
4.-Pertenceu á Asociación americana para o Avance das Ciencias.
5.-Un cráter da lúa leva o seu nome.


Muller 5

1.- Historiadora e escritora naceu en Madrid no ano 1927 e morreu en Valencia.
2.- O seu último libro publicado en 1980 Llibre d’ amic e amada tivo escaso eco.
3.- En 1976 publica unha novela na que magnifica a Altea da súa infancia.
4.- O seu avó foi decano do Centro de Cultura de Valencia e membro da entidade valencianista Lo Rat Penat.
5.- Entre as súas obras de historia valenciana destacan Jaime el Conquistador en Alicante.

12/03/09

Concurso Mulleres, xoves 12 de marzo


Muller 1
1.- Naceu en Johannesburgo e morreu en Nápoles no 2008.
2.- En 1963 testifica ante o ONU sobre “o apartheid” e por iso o goberno impídelle volver ao seu país
3.- En 1967 a súa popularidade músical destácase co seu single o “Pata-Pata
4.- Era un símbolo contra o racismo e o apartheid a que apodaban “mamá Africa”.
5.- Morreu nun concerto;coa calor dos aplausos.


Muller 2
1.- Naceu en Massachussetts.
2.- Publicou o seu primeiro poema aos 8 anos.
3.- Sufría un trastorno bipolar.
4.- O seu mellor libro de poemas titúlase Ariel.
5.- Suicidouse no ano 1963.








Muller 3
1.- É a primeira escultora española da que temos noticia.
2.- Formouse no obradoiro do seu pai.
3.- Foi escultora de cámara.
4.- A pesar de ter traballado moito, morreu na pobreza.
5.- As súas obras podémolas admirar principalmente en Andalucía.


Muller 4

1.- Naceu no século IV en Alexandría.
2.- Seu pai foi un famoso matemático.
3.- Foi astrónoma, matemática e filósofa.
4.- Mellorou e construíu instrumentos astronómicos como o astrolabio e o planisferio.
5.- Proximamente estrearase unha película de Alejandro Amenábar sobre ela.





Muller 5

1.- Escultora ruso-estadounidense.
2.- Estuda no Art Students League de Nova York desde 1928 a 1930.
3.- Obtivo o seu primeiro gran éxito cunha composición horizontal de formas xeométricas de madeira.
4.- Obras súas son as Sculptural Walls.
5.- Ao final da súa carreira experimentou con outros materiais como o metal, o plexiglás, o plástico e o esmalte.

11/03/09

Concurso Mulleres, mércores 11 de marzo

Muller 1

1.- Adoptou o apelido do seu avó materno.
2.- Recibiu formación de pintores como Emilio Sala, Fernando Álvarez de Sotomayor, Manuel Benedito Anglada Camarasa e de Kees van Dongen.
3.- Participa na polémica Exposición de Pintores Íntegros organizada por Ramón Gómez da Serna.
4.- Desenvolveu unha pintura cubista que abandonará para inclinarase pola figuración. Caracterizada polas cores dramáticas, debuxos duros e violentos contrastes.
5.- Padece tuberculose, pero non deixa de pintar. Finalmente, morre en 1932.


Muller 2

1.- Naceu en 1917, filla de xudeus lituanos.
2.- Foi profesora universitaria de historia económica.
3.- Foi deputada no parlamento do seu país.
4.- Loitou polos dereitos humanos e sobre todo cotra o apartheid.
5.- Foi candidata dúas veces ao Premio Nobel da Paz.


Muller 3
1.- A súa nai era unha pintora de grande talento, a súa irmá xémea foi unha coñecida pintora e o irmán maior un famoso arquitecto.
2.- Na década dos sesenta dirixiu o Centro de Investigación Neurobiolóxica de Roma.
3.- No ano 1983 foi premiada co premio Louisa Gross Horwitz da Universidade de Columbia xunto a Stanley Cohen e Victor Hamburger.
4.- Foi investida Doctora “honoris causa” pola Universidade Complutense de Madrid.
5.- Déronlle o Premio Nobel de Mediciña e Fisioloxía xunto ao seu colaborador polos traballos sobre os factores de crecemento nervioso.



Muller 4

1.- Foi a máis sonada das soldadeiras da época medieval
2.- Afonso X o Sabio fai mofa dela nas súas cantigas de escarnio
3.- Sábese que frecuentou as cortes de Fernando III o Santo e de Afonso X o Sabio.
4.- Cede as súas propiedades aos monxes cistercienses de Sobrado e suponse que alí foi soterrada.
5.- Renace agora como se a literatura a quixese rehabilitar e elevar á categoría de heroína patria.

Muller 5

1.- En Arxentina coñecese como “a galega da zona norte” ou simplemente como “Nisa”.
2.- Varios membros da súa familia foron fusilados durante o réxime franquista
3.- Os seus fillos foron secuestrados pola ditadura militar arxentina.
4.- Xunto a outras mulleres percorreron penitenciarías, cuarteis militares, hospitais, morgues, sen chegar a ter resposta dos seus familiares desaparecidos.
5.- Faleceu un 29 de novembro deixando atrás un incalculable legado.

10/03/09

Concurso Mulleres, martes 10 de marzo







Muller 1





1.- Naceu en Suiza en 1892 e morreu en Argentina en 1938.
2.- A súa tráxica morte inspirou unha canción de Ariel Rámirez e Félix Luna. Recentemente o grupo de música celta Bad Haggis grabou a canción Templo de agua, inspirada tamén na súa morte.
3.- Participou nas reunións do grupo Signos en Europa.
4.- Compartiu a vida artística e cultural do grupo Anaconda con Horacio Quiroga e Enrique Amorín.
5.- É autora da comedia en tres actos El amo del mundo.

Muller 2

1.- Foi unha famosa bailarina de ballet de inicios do século XX..
2.- Naceu en San Petesburgo.
3.- Paul Gerdt, Johanssen e Sodokova foron seus mestres.
4.- O seu número máis famoso foi a morte do Cisne.
5.- Reforzou os seus zapatos pointe agregando un anaco de coiro duro en adóitelas, converténdoo no zapato pointe moderno.



Muller 3

1.- Química e profesora universitaria inglesa.
2.- Doutorouse na Universidade de Cambridge en 1934 onde se especializou en cristalografía.
3.- Foi profesora en Oxford ata o seu retiro en 1977.
4.- Foi pioneira na técnica de determinación de estruturas de substancias de interese bioquímico mediante raios X.
5.- Recibiu o Premio Nobel de Química.





Muller 4


1.- Trasladouse desde Francia a Estados Unidos en 1933.
2.- Participou ao redor de 1962 na exposición "A arte da montaxe" no Museo de Arte Moderna de NY.
3.- En 1966 realiza a escultura de corpo de muller máis grande da historia da arte, cuxo título foi "Hon" (Ela en sueco).
4.- Obras súas tamen son "O xardín do tarot" e "Fontaine Strawinsky".
5.- Morreu por mor dunha enfermidade pulmonar causada polos gases tóxicos producidos durante a fabricación das súas figuras en poliéster.



Muller 5

1.- A fonte máis fidedigna sobre a súa vida é o "Memorial al Rei"
2.- Foi condenada polo Tribunal da Inquisición
3.- Foi defensora xunto a outras mulleres do ataque dos corsario a cidade de Vigo
4.- Existe unha cantiga moi famosa súa cantada por Luar na Lubre
5.- Converteuse no símbolo do sufrimento do pobo, moi especialmente das mulleres.


09/03/09

Concurso luns 9 de marzo


Muller 3



1.- Naceu en A Coruña.
2.- Música, poeta, ensaísta,...
3.- Tocou o violín na Xove Orquestra de Galicia.
4.- Foi profesora de lingua galega no IES de Sada.
5.- O seu último libro de poesía publicado foi En concreto.



Muller 4

1.- Foi a única muller que tomou parte na Real Expedición Filantrópica da Vacina da Variola.
2.- O seu labor sanitario foi eloxiado polo Dr Balmis
3.- Suponse que morreu en México
4.- En México, o premio ao mérito en enfermaría leva o seu nome.
5.- Foi definida como unha muller valente, aventureira, atrevida, ousada e rexia.

Muller 5

1.- Escultora estadounidense de pais venezolanos.
2.- Nas primeiras obras, pequenas esculturas en terra cocida, aparece a influencia da arte precolombina.
3.- En 1955 empezou a tallar en madeira grandes figuras de tamaño natural.
4.- As súas obras posúen unha vaga evocación surrealista e un contido satírico.
5.- Foi elixida como membro da Academia Americana das Artes e as Letras.

Mulleres propostas o luns 9 de marzo

Muller 1


1.- Unha das grandes deseñadoras do século XX.
2.- O abandono do seu pai, a morte da súa nai e a soidade espiritual marcaría para sempre a súa actitude cara á vida.
3.- Todos viron nela a unha das pioneiras do feminismo, disposta a romper fórmulas e esquemas.
4.- Contratárona para vestir a grandes musas do celuloide como Catherine Hepburn, Grace Kelly e Gloria Swanson.
5.- Iniciouse no campo dos perfumes facendo especialmente famoso un perfume que leva o seu nome.






Muller 2


1.- Naceu en Australia.
2.- Obtivo o carné de piloto comercial aos 19 anos.
3.- O seu primeiro avión chamábase Gipsy Moth.
4.- Traballou en labores humanitarias e sanitarias.
5.- Foi nomeada oficial do Imperio Británico.

08/03/09

Comeza o consurso Coñeces esta muller?





Mañá comeza o consurso, este ano, como novidade, publicaremos tamén as pistas no blog da biblioteca. Participa e sorte na procura dos datos.