18/06/09

Este verán refréscate coa lectura

Como en outros períodos de lecer, o conxunto das bibliotecas dos centros educativos de Cambre, e baixo a coordinación da bibliotecas municipais, elaboramos unha serie de recomendacións de lectura para as vacacións: “Este verán refréscate coa lectura”

Son unhas recomendacións organizadas polos grandes tramos educativos, nas que ademais de libros temos outras suxestións “Para compartir” banda deseñada, música, cine. Os libros son para todos os gustos e todas as idades. A partir de 12 anos poderedes atopar literatura clásica, actual, de aventuras, de misterio, de amor, de actualidade, poesía.

14/06/09

Linguas europeas en perigo de extinción

"Cando morre o derradeiro falante dunha lingua, morre un soño da humanidade" Concha Rousia
Grazas a Mesturas atopamos este video onde se fala da situación das linguas no mundo actual, como veredes hai linguas que morreron e outras en perigo de extinción. A morte dunha lingua é unha perda irreparábel pois supón a perda dunha cultura e dunha forma de ver o mundo. Non o esquezamos: As linguas suman

As linguas suman

Aquí podedes ler o tríptico que os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística veñen de publicar

01/06/09

E ti que les?

Esta última semana tivemos a sorte de ter exposta no noso centro a exposición "E ti que les?", organizada polo IES de Sabón (Arteixo. A exposición constaba de 47 paneis onde 47 persoeiros do mundo da cultura, o deporte, as artes, a televisión, etc. recomendaban cadanseu libro. A exposición tivo un enorme éxito e agradecemos enormemente ao IES de Sabón a súa xenerosidade compartindo este traballo.