27/04/10

As rulas de Bakunin


Onte visitounos o escritor Antón Riveiro Coello para falar co alumnado de 2º de bacharelato da súa novela As rulas de Bakunin. O escritor comezou contándonos anécdotas da súa vida para logo explicar a xénese dalgúns dos personaxes da obra e mostrarnos os lugares onde se desenvolve a acción.

25/04/10

A praia dos afogados


O pasado 12 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou o roteiro literario da novela de Domingo Villar A praia dos afogados. Viaxamos a Nigrán e alí primeiro tivemos un encontro co escritor, a quen agasallamos coa camiseta da biblioteca, e logo visitamos algúns dos lugares onde transcorre a novela: Monteferro, a praia da Madorra, tamén chamada dos afogados, e o templo do mar. Aquí tedes algunhas das fotos daquela xornada.

22/04/10

Para que les?

Grazas a Olga da Biblioteca do CEIP de Malpica aquí tedes un resumo da exposición que podedes ver nos corredores do instituto.


12/04/10

Celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil




















A nosa biblioteca participa na celebración do Día Internacional do Libro Infantil realizando unha serie de actividades de formación de usuarios e promoción da lectura. Aquí tedes o cartel oficial, realizado por Noemi Villamuza, e o manifesto escrito por Eliacer cansino, traducido ao galego por Ánxela Gracián. Aínda que o día propiamente foi o 2 de abril, dado que coincidía coas vacacións de Semana Santa, este ano traladouse a súa celebración nos centros educativos ao día 12 de abril.

10/04/10

6 imaxes á procura dunha historia


En diferentes lugares do instituto poderedes atopar ata seis imaxes diferentes que vos deberán servir de base para escribirdes unha historia que deberá ter unha extensión máxima de dúas follas A4. Poderédelas entregar escritas a man ou en ordenador, de utilizardes este último lembade que deberán estar escritas en Arial 12p e cun interliñado de 1,5.
A historia poderá estar escrita en calquera das linguas que se estudan no centro.
Deberedes entregar os orixinais na Biblioteca antes do día 30 de abril.
O xurado estará composto por profesorado do grupo da biblioteca e alumnado dos clubs de lectura.