24/01/12

Caligramas

O alumnado de 4ºB de ESO vén de elaborar estes preciosos Caligramas na aula de Lingua Galega.

05/01/12

In memoriam, Isaac Díaz Pardo

Con loito no corazón despedimos hoxe a Isaac Díaz Pardo, artista e intelectual a quen debemos, entre moitas outras cousas, a recuperación de Sargadelos e o Laboratorio de formas de O Castro, así como o Museo Carlos Maside. Velaquí as súas lembranzas de vida.

04/01/12

Comezamos o ano de Celso Emilio Ferreiro

Tal día coma hoxe hai un século nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro, neste ano de celebración do centenario do seu nacemento e do cincuenta aniversario da publicación de Longa noite de pedra, queremos iniciar a nosa homenaxe con esta versión de Fuxan os ventos do poema "Irmau"