A música en Ollos de auga de Domingo Villar é un traballo de Emma López e Nereida Rodríguez, alumnas de 4º de ESO B. Podes seguir as investigacións do inspector Leo Caldas ao tempo que escoitas a música ou, se segues lendo, ver todas as referencias musicais da novela.
Como todos os anos celebramos o Día da Paz. Nesta ocasión realizamos pombas da Paz que decoraron a nosa biblioteca e a exposición de palabras pola Paz que organizamos na entrada do instituto. O dái 30 o alumnado de 4º de ESO interpretou a canción "La muralla". Aquí tedes algunhas imaxes destas actividades.
O mércores día 1 de febreiro Xosé Neira Vilas visitou o noso instituto para falar da súa obra Memorias dun neno labrego. Todos os alumnos e alumnas do instituto tiñan lido o libro e durante a conversa co autor xurdiron moitas preguntas sobre os personaxes e os acontecementos que vive Balbino na obra.
Visita de Xosé Neira Vilas on PhotoPeach
O alumnado de 1º de ESO, unha vez lido o libro, fixo debuxos de Balbino e traballos sobre o autor. Aquí podedes ver unha mostra.
Traballos realizados polo alumnado de 1º ESO on PhotoPeach