05/03/12

Coñeces esta muller? Pistas luns 5 de marzo

1.     É a líder dun partido de centro-esquerda.
2.  O seu pai tamén era político.
3.  Foi Primeira Ministra do seu país en dúas ocasións.
4.  Viviu durante un tempo no exilio.
5.  Foi asesinada recentemente.

1.      Naceu no século XIX en Kansas.
2.      Durante a primeira guerra mundial faise enfermeira voluntaria e intenta estudar Medicina.
3.      Son súas estas palabras: “O desexo íntimo de sobrevoar o Atlántico soa era algo novo para min. Antes xa afrontara outros Atlánticos. Todo o mundo ten o seu propio Atlántico que conquistar. Calquera cousa que queiramos facer de verdade, contra a opinión dos veciños e o chamado “sentido común” é un Atlántico”
4.      O seu primeiro avión chamábase “ o canario”.
5.      En Estados Unidos era coñecida como “Lady Lindy”.

1.    Toma posesión do inmenso ducado de Aquitania trala morte de seu pai nunha peregrinación a Santiago de Compostela.
2.    Participa activamente, na compaña do seu marido, na 2ª Cruzada a Terra Santa.
3.    Contrae matrimonio con dous importantes reis daquela época: Luis VII de Francia e Enrique II de Inglaterra.
4.    Foi mecenas de numerosos trovadores adquirindo na súa corte de Poitiers unha grande auxe a lírica cabaleresca.
5.    Tivo unha vida política moi activa promovendo a rebelión dos propios fillos contra o rei, seu pai, e permanecendo por elo encarcelada durante varios anos.

1.    Traballou como costureira.
2.    Viviu a Guerra Civil no País Vasco.
3.    Viviu no Courel.
4.    Era escritora e só publicou un libro en vida.
5.    No ano 2007 escoitamos falar moito dela.

1.-  Naceu en Baltar na provincia de Ourense en 1898.
2.- Muller de inquietudes culturais tivo relación con intelectuais e galeguistas como Paz Andrade, Álvaro de las Casas ou Fernández Mato.
3.- Foi membro fundador da Academia Médico- Quirúrxica de Vigo e da Alianza Francesa desa cidade.
4.-  Fixo a súa tese de doutoramento en Madrid sobre as variacións da colesterina en relación coa anestesia baixo a dirección do doutor Recaséns.
5.-  Especializouse en Xinecoloxía, aínda que a ela teríalle gustado ficar na clínica do doctor Gil Casares onde se trataban enfermidades do pneumotórax.

Sem comentários: