31/01/13

Música pola Paz na biblioteca

O alumnado de 3º de ESO baixo a supervisión da súa profesora de Música percorreu onte o instituto durante os recreos interpretando diversas pezas musicais para conmemorar o Día da Paz. Aquí podedes ver un momento da súa visita á nosa biblioteca.

30/01/13

Fai que floreza a Paz

A nosa árbore cubriuse de brancas pombas para conmemorar o Día da Paz. Regan a árbore pingas de Amor, Tolerancia, Amizade, Respecto, Convivencia... todo o que fai que medre a PAZ. Fai que floreza a PAZ on PhotoPeach

28/01/13

Orgullo e prexuízo cumpre 200 anos

Hoxe 28 de xaneiro cúmprense os 200 anos da publicación da novela Orgullo e prexuízo de Jane Austen. Nese primeiro momento foi publicada como anónima, hoxe é unha das novelas máis famosas do século XIX. Esta novela foi levada en varias ocasións ao cine, a última delas no ano 2005. Na biblioteca podedes atopar tanto a novela como a película. Aquí tedes un fragmento da adaptación da novela para televisión realizada pola BBC no ano 1995.


25/01/13

Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

22/01/13

Resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" 1º trimestre 2012-13

A continuación podedes consultar os resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" realizada entre o alumnado e o profesorado:



10/01/13

Proxecto E-twinning

No marco das actividades do proxecto E-twinning que estamos a desenvolver sobre Dickens, no mes de decembro realizamos unha exposición dos fondos que deste autor temos na nosa biblioteca. Dickens Year 2012 on PhotoPeach