19/12/14

Bo Nadal!

Guía de recomendacións para o Nadal

Aquí vos deixamos a nosa guía de recomendacións para o Nadal. Esperamos que aproveitedes estas vacacións para ler e gozar do tempo de lecer.

17/12/14

A nosa árbore de Nadal matemática.

Este curso estamos a celebrar as matemáticas nas nosas bibliotecas e na nosa aproveitamos para facer unha árbore de Nadal orixinal. O alumnado de 3º de ESO realizou os poliedros nas clases de matemáticas coa axuda da súa profesora e con eles realizamos a nosa árbore. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso de realización da árbore. A nosa árbore de Nadal matemática. on PhotoPeach

16/12/14

Concurso matemático de Nadal

Este curso o tema da nosa biblioteca está realacionado coas matemáticas polo que vos propoñemos un concurso para ver quen adiviña cantos vasos de plástico foron necesarios para realizar o boneco de neve que temos na biblioteca durante estes días. Para que poidades ter éxito nesta empresa dámosvos dúas pistas. Ánimo e a participar!. Xa sabedes, as respostas podedes entregalas ata o xoves na biblioteca.

Semana da ciencia en galego

Durante a última semana de novembro realizamos o concurso "Semana da ciencia en galego". Durante esa semana fomos publicando diariamente unha pista para identificar aos nosos persoeiros, ao final publicamos a solución. Aquí tedes as pistas e as solucións. Semana da ciencia en galego on PhotoPeach

11/11/14

Samaín na biblioteca

A nosa biblioteca vístese de festa para celebrar o Samaín. Ademais de vela así de bonita podedes ver unha exposición cunha escolma de textos e películas de terror. Que mediño!!

Samaín na biblioteca on PhotoPeach

29/10/14

In Memoriam Begoña Caamaño

Esta semana finou Begoña Caamaño, autora de dous dos libros de lectura do itinerario lector do nosos instituto e do Club de lectura de Cultura Clásica. Unha perda irreparable por ser unha autora singular, unha das voces máis interesantes do panorama da narrativa actual galega cunha escrita extraordinaria, orixinal e comprometida.
A pesar de teres partido ás terras de Ávalon, a túa lembranza e a túa obra fican connosco. Esta é a humilde homenaxe que con todo cariño che facemos desde a biblioteca.


22/10/14

Hora de Ler 2014

O pasado 1 de outubro inauguramos oficialmente a Hora de Ler deste curso. Para celebrarlo baixamos a cada aula da ESO unha caixa con fondos da biblioteca para facilitar o acceso dos libros ao alumnado. A Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura silenciosa, e desenvólvese en todos os cursos da ESO. O período durante o cal se realiza esta actividade vai mudando semanalmente segundo o calendario que se xunta. Hora de Ler 2014 on PhotoPeach

25/06/14

Un libro sempre, tamén no verán

Esta é a nosa proposta para o verán: boas lecturas e moita diversión. Felices vacacións!!! Volvemos en setembro.

24/06/14

Roteiro do Club de lectura

Este curso realizamos o roteiro de fin de curso do noso club de lectura xunto co alumnado e profesorado do club de lectura do IES Miraflores de Oleiros. A obra que lemos en común foi O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez e o roteiro consitiu nunha camiñata por parte da fraga de Cecebre e nunha visita á fundación na que foi residencia do autor en Cambre "Vila Florentina", alí realizamos unha serie de lecturas de textos e un xogo de pistas. Roteiro O bosque animado on PhotoPeach Aquí tedes a guía que realizamos para o roteiro.

23/06/14

Visita do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña

No noso centro e na nosa biblioteca falamos linguaxe de signos por un día. O venres 6 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnas e profesores do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña cos que este curso estivemos colaborando na recollida de tapóns para a súa reciclaxe e que este ano doamos á Asociación Areal de Cambre. Ademais participaron tamén na homenaxe que realizamos á nosa alumna Sara Segade en memoria da cal realizamos este ano o debuxo cos tapóns na pista do instituto.
Visita do Colexio Nosa Señora do Rosario on PhotoPeach

11/06/14

Os lectores opinan

Nuno Mesías, alumno de 2º ESO, recomenda a lectura de A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne.

 

10/06/14

Cine, ciencia e literatura

Como remate das actividades que este curso realizou a biblioteca ao redor do lema "Ler ciencia na biblioteca", tedes ata fin de curso a exposición "Cine, ciencia e literatura" no vestíbulo do instituto. Aquí podedes ver algúns dos nosos fondos relacionados entre si: película e os libros que lles serviron de base. Esperamos que vos guste. Cine, ciencia e literatura on PhotoPeach

06/06/14

Letras Galegas 2014

Aquí tedes outro dos traballos realizados polo alumnado de 2º de ESO sobre Xosé Mª Díaz Castro

05/06/14

Día da poesía

Aínda que cun pouco de retraso, aquí tedes algúns do poemas recitados polo alumnado de 2º de ESO o pasado 21 de marzo en conmemoración do Día da Poesía.

01/06/14

Exposición "Ler ciencia na biblioteca"

Para que vexades a cantidade e variedade de fondos relacionados coa ciencia dos que dispoñemos, na biblioteca podedes ver esta exposición ata fin de curso.
Exposición "Ler ciencia na biblioteca" on PhotoPeach

31/05/14

Concurso Muller e ciencia

Aínda que cun pouco de restraso, aquí tedes o resume da celebración do Día da Muller e do noso concurso sobre mulleres innovadoras na ciencia. Ao final da presentación podedes ver ás gañadoras do concurso: Estefanía Fernández e Noelia González de 1º de bacharelato.
Muller e ciencia on PhotoPeach

20/05/14

Posta en escena de Continuidad de los parques, de Julio Cortázar

Un grupo de alumnos de 4ºESO fixo un traballo de adaptación do conto Continuidad de los parques, de Julio Cortázar, ao xénero dramático. Despois, puxérona en escena polas aulas para conmemorar o Día Internacional do Teatro.



Os nosos lectores opinan: El faro, de Paco Roca


O teatro científico.

A posibilidade de enlazar un experimento científico cunha creación literaria rematou nesta actividade. Un grupo de alumnos de 4º ESO empregaron un experimento sobre a presión para recrear unha situación dramática e poñela en escena.

 

18/05/14

Día das Letras Galegas 2014

Letras 2014. Xosé Mª Díaz Castro on PhotoPeach

17/05/14

Hoxe dedicamos o Día das Letras Galegas a lembrar ao poeta Xosé Mª Díaz Castro. Aquí tedes un dos seus poemas na voz de dúas alumnas de 2º de ESO.

A noite e... Xosé Mª Díaz Castro from biblio a3p on Vimeo.

16/05/14

Día das Letras Galegas 2014

O alumnado de 2º de ESO vén de traballar sobre o Día das Letras Galegas, aquí tedes algúns dos seus traballos.

23/04/14

23 de abril, Día do libro

Hoxe entregan o Premio Cervantes á escritora Elena Poniatowska, na nosa biblioteca podes atopar a obra A filla do filósofo, libro de relatos moi recomendable. Aquí tedes unha entrevista coa escritora onde conta a súa vida e a súa relación coa literatura.

19/03/14

Encontros con escritores: Francisco Castro

Hoxe visitou o noso instituto Francisco Castro para falar co alumnado de 2º de ESO das súas novelas Chamádeme Simbad e O segredo de Marco Polo. Díxonos que escribía para cambiar o mundo e explicounos como se lle ocorreran ambas novelas. Contounos tamén que foi unha das primeiras persoas en abrir un blog que aínda mantén e que se chama "A canción do náufrago". Ao rematar a conversa agasallámolo cunha camiseta da nosa biblioteca e el dedicóunos os seus libros. Aquí podedes ver imaxes do seu paso polo nosos centro. Encontros con escritores: Francisco Castro on PhotoPeach

16/03/14

Os nosos lectores opinan: Engurras, Paco Roca

Iniciamos unha serie de recomendacións de libros realizadas polos nosos lectores e lectoras. Nesta ocasión son consecuencia da visita do autor á nosa biblioteca.

Os nosos lectores opinan I from biblio a3p on Vimeo.

12/03/14

Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca

O pasado 13 de febreiro estiveron na nosa biblioteca Paco Roca e David Rubín presentando as súas últimas obras, Los surcos del azar e Beowulf, respectivamente. Falaron da súa voacaicón e do seu traballo como creadores. Ao final deixáronos unhas preciosas dedicatorias dos seus libros.

Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca on PhotoPeach

14/02/14

Feliz Día de San Valentín

Porque na biblioteca temos libros que van directos ao corazón, se vés hoxe durante os recreos, ao levar emprestado calquera fondo da mesma, levarás un destes marcapáxinas conmemorativos.

30/01/14

Mil paxariñas por Madiba

E foron moitas máis de mil. Este ano quixemos celebrar o Día da Paz cunha homenaxe a Nelson Mandela, falecido recentemente. A proposta, entre outras actividades, consitía en realizar mil paxariñas de papel na súa honra. Aquí tedes o resultado. Mil paxariñas por Madiba on PhotoPeach

Día da Paz 2014

Día da Paz 2014 na Biblioteca A3P on PhotoPeach

24/01/14

Exposición de ciencia na biblioteca

Este ano estamos a celebrar "A ciencia na biblioteca" e iniciamos o ano cunha exposición organizada polo departamento de bioloxía. As pezas foron realizadas polo alumnado de 2º e 4º de ESO.

Exposición de células na biblioteca on PhotoPeach Exposición de células na biblioteca on PhotoPeach