25/06/14

Un libro sempre, tamén no verán

Esta é a nosa proposta para o verán: boas lecturas e moita diversión. Felices vacacións!!! Volvemos en setembro.

24/06/14

Roteiro do Club de lectura

Este curso realizamos o roteiro de fin de curso do noso club de lectura xunto co alumnado e profesorado do club de lectura do IES Miraflores de Oleiros. A obra que lemos en común foi O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez e o roteiro consitiu nunha camiñata por parte da fraga de Cecebre e nunha visita á fundación na que foi residencia do autor en Cambre "Vila Florentina", alí realizamos unha serie de lecturas de textos e un xogo de pistas. Roteiro O bosque animado on PhotoPeach Aquí tedes a guía que realizamos para o roteiro.

23/06/14

Visita do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña

No noso centro e na nosa biblioteca falamos linguaxe de signos por un día. O venres 6 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnas e profesores do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña cos que este curso estivemos colaborando na recollida de tapóns para a súa reciclaxe e que este ano doamos á Asociación Areal de Cambre. Ademais participaron tamén na homenaxe que realizamos á nosa alumna Sara Segade en memoria da cal realizamos este ano o debuxo cos tapóns na pista do instituto.
Visita do Colexio Nosa Señora do Rosario on PhotoPeach

11/06/14

Os lectores opinan

Nuno Mesías, alumno de 2º ESO, recomenda a lectura de A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne.

 

10/06/14

Cine, ciencia e literatura

Como remate das actividades que este curso realizou a biblioteca ao redor do lema "Ler ciencia na biblioteca", tedes ata fin de curso a exposición "Cine, ciencia e literatura" no vestíbulo do instituto. Aquí podedes ver algúns dos nosos fondos relacionados entre si: película e os libros que lles serviron de base. Esperamos que vos guste. Cine, ciencia e literatura on PhotoPeach

06/06/14

Letras Galegas 2014

Aquí tedes outro dos traballos realizados polo alumnado de 2º de ESO sobre Xosé Mª Díaz Castro

05/06/14

Día da poesía

Aínda que cun pouco de retraso, aquí tedes algúns do poemas recitados polo alumnado de 2º de ESO o pasado 21 de marzo en conmemoración do Día da Poesía.

01/06/14

Exposición "Ler ciencia na biblioteca"

Para que vexades a cantidade e variedade de fondos relacionados coa ciencia dos que dispoñemos, na biblioteca podedes ver esta exposición ata fin de curso.
Exposición "Ler ciencia na biblioteca" on PhotoPeach