19/12/14

Bo Nadal!

Guía de recomendacións para o Nadal

Aquí vos deixamos a nosa guía de recomendacións para o Nadal. Esperamos que aproveitedes estas vacacións para ler e gozar do tempo de lecer.

17/12/14

A nosa árbore de Nadal matemática.

Este curso estamos a celebrar as matemáticas nas nosas bibliotecas e na nosa aproveitamos para facer unha árbore de Nadal orixinal. O alumnado de 3º de ESO realizou os poliedros nas clases de matemáticas coa axuda da súa profesora e con eles realizamos a nosa árbore. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso de realización da árbore. A nosa árbore de Nadal matemática. on PhotoPeach

16/12/14

Concurso matemático de Nadal

Este curso o tema da nosa biblioteca está realacionado coas matemáticas polo que vos propoñemos un concurso para ver quen adiviña cantos vasos de plástico foron necesarios para realizar o boneco de neve que temos na biblioteca durante estes días. Para que poidades ter éxito nesta empresa dámosvos dúas pistas. Ánimo e a participar!. Xa sabedes, as respostas podedes entregalas ata o xoves na biblioteca.

Semana da ciencia en galego

Durante a última semana de novembro realizamos o concurso "Semana da ciencia en galego". Durante esa semana fomos publicando diariamente unha pista para identificar aos nosos persoeiros, ao final publicamos a solución. Aquí tedes as pistas e as solucións. Semana da ciencia en galego on PhotoPeach