22/04/15

Día do Libro 2015: A árbore das letras

Para conmemorar este curso o Día do Libro decoramos a nosa árbore con letras de todos os tipos e cores. Con elas podedes formar palabras, frases... Feliz Día do Libro 2015 A árbore da letras on PhotoPeach

17/04/15

Encontros con escritores: Carlos Negro

O pasado luns visitounos Carlos Negro para falar co alumnado de 3º de ESO dos seus poemarios Penúltimas tendencias e Makinaria. Como sempre facemos cos autores que nos vistan, agasallámolo coa camiseta da biblioteca.
Encontros con escritores: Carlos Negro on PhotoPeach

16/04/15

Encontros con creadoras: Xulia Vicente

O pasado 8 de abril visitounos a artista gráfica e creadora de banda deseñada Xulia Vicente, ex-alumna do noso instituto. No seu encontro co alumnado de 4º de ESO, explicou a súa traxectoria e os seus estudos na Universidade de Valencia. Tamén presentou o seu último fancine.

15/04/15

Encontros con escritores: Pedro Feijoo

O pasado mes de marzo visitounos Pedro Feijoo, quen estivo falando da súa novela A memoria da choiva co alumnado de 1º de bacharelato. Ao remate da súa charla agasallámolo coa camiseta da nosa biblioteca. Encontros con escritores: Pedro Feijoo on PhotoPeach