19/12/15

Guía de recomendacións de Nadal 2015

Desde a biblioteca desexámosvos un Bo Nadal e unha felices vacacións!! Para que o pasedes mellor e teñades ideas de agasallos que pedir ao Apalpador, a Papá Noel ou os Reis Magos aquí vos vai a nosa Guía de Nadal.

18/12/15

Entrega de premios do Librómetro

Hoxe no segundo recreo entregamos os premios ao alumnado máis lector,quen recibiu bibliopuntos e a alumna máis lectora unha camiseta. Posteriormente,a aula máis lectora disfrutou duns petiscos na cafetería. Para béns a todo o alumnado que participou na actividade e, xa sabedes, a seguir lendo e partillandolecturas. Feliz 2016 cheo de boas lecturas!!! Entrega de premios Librómetro. Nadal 2015 on PhotoPeach

17/12/15

Axudantes da biblioteca

Entrega dos diplomas de voluntariado aos nosos axudantes da bilioteca durante o curso 2014-15. Parabéns e moitas grazas polo voso traballo!

16/12/15

Premios Librómetro 1º trimestre curso 2015-16

Este trimestre fostes moi bos lectores, parabéns a tod@s!!! Este próximo venres entregaremos na bilioteca os premios correspondentes a este primeiro trimestre do curso. Velaquí tedes os gañadores.